Un total de 168 mozos e mozas de Lugo poderán participar da 'scape-room' organizada polo Concello

LugoXa
A 'scape-room' levarase a cabo nas instalacións da Casa da Xuventude, onde as e os participantes deberán afrontar distintas probas que se desenvolverán en diferentes salas
scape-room-Lugo-Nadal
26 Dec 2024

A Área de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo organiza, dentro da programación de Nadal, a actividade 'Misión Nadal: tralas chaves', unha scape-room.

Así, haberá un total de 168 prazas para os mozos e mozas, de 14 a 30 anos, distribuídas en catro xornadas, os días 26, 27, 28 e 30 de decembro, en grupos de catro a seis persoas, e en quendas de mañá e tarde. O horario será de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

A scape-room levarase a cabo nas instalacións da Casa da Xuventude, onde as e os participantes deberán afrontar distintas probas que se desenvolverán en diferentes salas destas dependencias municipais.

O obxectivo final, ao que se chega tras superar varios desafíos, é atopar unhas chaves que dan acceso á ultima sala, onde se atopa a derradeira das probas e que, unha vez superada, permite escapar. Para acadar o obxectivo final será necesario empregar a lóxica, o enxeño, o traballo en equipo para resolver enigmas, todo elo nun tempo limitado.

0.16262602806091