Un total de 281 atletas formarán parte da V San Silvestre de Monterroso
Pechado o período de inscrición no día de onte, 26 de decembro, son un total de 248 as persoas apuntadas na V San Silvestre do Concello de Monterroso. Esta edición conta cunha novidade, o percorrido. A distancia será de 4,5 quilómetros adaptados as circunstancias que se están a vivir.
Na categoría absoluta hai 145 inscritos. Estes, percorrerán a ruta completa de 4,5 quilómetros na carreira que terá lugar o día 31 de decembro ás 17.00 horas.
As categoría Sub 16-18, Sub 14 e Sub 12 terán un percorrido de 1 quilómetro dando comezo ás 16.45 horas. O número de inscritos é de 9 na Sub 16-18, 20 na Sub 14 e, 25 na Sub 12.
Por outra banda, na categoría promoción hai 42 inscritos. A súa proba consta de 0,4 quilómetros e terá lugar o mesmo días ás 16.35 horas.
Os máis pequenos, a categoría Pitufos conta con 40 inscritos para correr 0,15 quilómetros ás 16:30 horas.
As probas terán lugar o vindeiro 31 de decembro con saída e meta na Praza Conselleiro Fernando Salgado e discorrerá pola contorna da vila.
O ano pasado celebrouse a última edición desta carreira de maneira virtual debido á situación provocada pola pandemia.
Nesta edición, ademais do percorrido tamén se empregará un sistema novo para a cronometraxe dos tempos dos corredores. Farase mediante chip. Desta forma poderase dar cumprimento a todos os protocolos vixentes sen deixar de outorgar a parte competitiva para todo aquel que así o desexe.
RECOLLIDA DORSAIS
Os dorsais poderán retirarse os días 30 e 31 de decembro no Espazo Lorenzo Varela de 9.30 a 13.30 horas ou o día da proba na zona habilitada pola organización ata 45 minutos antes da saída de cada proba.
A proba terá carácter solidario polo que parte do importe da inscrición (5€ para adultos) será empregado en fins sociais para axudar as familias máis desfavorecidas do concellos.
PREMIOS
Haberá premio para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
Tamén recibirán premio os primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como femininos.
Na categoría de Pitufos darase medalla a todos os participantes. Non haberá recoñecementos para esta categoría nin se farán clasificacións.
Na categoría de Promoción, Sub 12, Sub 14 e Sub 16-18 darase medalla a todos os participantes, así como trofeo aos primeiros clasificados tanto masculino como feminino.
Tamén recibirá trofeo o primeiro/a clasificado/a locais da carreira absoluta.
Recibirá un galardón o corredor/a ca vestimenta máis orixinal.
Esta entrega de premios será na zona de meta, na cúpula, en torno ás 17.40 horas.