UNED Lugo organiza un curso de comunicación con persoas con alzhéimer

LugoXa
A UNED de Lugo organiza un curso para aprender a comunicarse con persoas que teñen alzhéimer e outras demencias para o que ten aberto o prazo de matrícula.
16 Dec 2023

A UNED de Lugo organiza un curso para aprender a comunicarse con persoas que teñen alzhéimer e outras demencias para o que ten aberto o prazo de matrícula.

As persoas con alzhéimer ou outras demencias presentan dificultades para comunicarse que aumentan a medida que progresa a enfermidade. Establecer con elas unha boa comunicación é fundamental para evitar o illamento ao que a miúdo conduce a enfermidade e favorecer a súa vinculación coa contorna.

Este curso será impartido por María del Carmen Rivas Fernández, titulada universitaria, experta en Transformación Social e Atención Sociosanitaria, directora e docente de accións formativas da Administración, Secretaría do Congreso Autonómico Galego de Medio Ambiente e Saúde. Programa galego municipios saudables e sustentables.

Realizarase online, en directo ou en diferido do 18 ao 21 de decembro de 16:00 a 21:00 horas. A matrícula pode realizarse neste enlace.

0.20073580741882