Unha audición de corais celebrará o 23 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, animou á veciñanza a participar nas actividades coas que o Concello de Lugo celebrará o 23 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade. Ferreiro afirmou que "celebramos unha data moi relevante na historia de Lugo, o aniversario da declaración como Patrimonio da Humanidade do noso monumento máis importante".
As corais do Hospital, Lugh darán un concerto no Vello Cárcere, realizando unha homenaxe coral á muralla"A tradición da música coral que hai en Lugo pareceunos o mellor xeito de render unha homenaxe musical á muralla", explicou Maite Ferreiro. O acto terá lugar o xoves 30 a partir das 18 horas no Vello Cárcere. A xornada rematará co acto de entrega das Medallas de Ouro da cidade no MIHL, que se entregarán ás 19 asociacións de recreación histórica relacionadas co Arde Lucus.
Maite Ferreiro afirmou que "o recoñecemento da Muralla sería imposible sen a gran implicación que demostraron as institucións e a veciñanza de Lugo", e animou a todas as veciñas e veciños de Lugo "a gozar da muralla e a asistir ás actividades que celebran esta data tan sinalada para a cidade".