O concello de Lugo informa de que hoxe, 18 de xullo, debido a unha avaría nunha acometida particular, tivo que proceder a cortar durante esta mañá o servizo na rede municipal de subministración de auga na marxe dereita da Rolda do Carme dende a Rúa Monte Picato ata a Praza da Fonte dos Ranchos. Este servizo xa quedou restablecido quedando só sen subministración, neste momento, o inmoble no que se produciu a avaría que ocasionou o devandito corte de agua.
Por outra banda o concello tamén informa de que hoxe procederá a cortar durante a tarde o servizo na rede municipal de subministración de auga na rúa San Roque dende a Rolda da Muralla ata a rúa dos Paxariños. A brigada de augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.
O concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que, por causa desta avaría, lles poida ocasionar o corte de auga.