Unha cooperativa luguesa recibe o premio ao emprendemento Juana de Vega

LugoXa
O deputado Daniel parabenizou a cooperativa Vélaro – creada ao abeiro de Ovica -Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia –, que ven de recibir o I Premio ao Emprendemento Agroalimentario da Fundación Juana de Vega, que recoñece iniciativas de economía A cooperativa, con sede en Lugo, apoia a comercialización e a valorización da carne de ovino e caprino das gandarías asociadas, preto dun cento de toda Galiza, baixo a marca Pastores de Galicia, que nas últimas anualidades recibiu o apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo A cooperativa puxo en funcionamento un sistema informático que permite a xestión dos datos de produción para levar a cabo a comercialización e distribución de maneira efectiva e traballa na creación dun plan de mercadotecnia que consiga situar a marca “Pastores de Galicia” como un referente do sector, colaborando na profesionalización e revalorizar o produto.
premio ovica juana de vega coopertiav velaro
4 Dec 2023

O deputado Daniel parabenizou a cooperativa Vélaro – creada ao abeiro de Ovica -Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia –, que ven de recibir o I Premio ao Emprendemento Agroalimentario da Fundación Juana de Vega, que recoñece iniciativas de economía

A cooperativa, con sede en Lugo, apoia a comercialización e a valorización da carne de ovino e caprino das gandarías asociadas, preto dun cento de toda Galiza, baixo a marca Pastores de Galicia, que nas últimas anualidades recibiu o apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

A cooperativa puxo en funcionamento un sistema informático que permite a xestión dos datos de produción para levar a cabo a comercialización e distribución de maneira efectiva e traballa na creación dun plan de mercadotecnia que consiga situar a marca “Pastores de Galicia” como un referente do sector, colaborando na profesionalización e revalorizar o produto.

O deputado Daniel García, destacou a importancia deste traballo de campo que, explicou, se realiza en tres fases “empezando pola recollida de datos e continuando coa súa xestión e a implementación dun sistema de traballo co que afianzar a venda de cordeiros e cabritos dos socios”.

O responsábel provincial explicou que “o traballo que vén facendo Ovica permite aumentar a rendibilidade das granxas que xa están en marcha, pero tamén a que se activen oportunidades animando a novos produtores” e confirmou o apoio á Asociación de Ovino e Caprino de Galicia tamén en 2024”.

Ademais desta iniciativa, á que Vicepresidencia achega 22.000€ en dúas anualidades, impulsouse un Foro da la, que permite a creación de mesas técnicas pero tamén actividades lúdicas e educativas para todos os públicos que permitan dar a coñecer o proceso produtivo e levar a cabo sinerxias.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20044589042664