Unha delegación da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro visitou a Granxa Gayoso Castro

LugoXa
Pilar García Porto e Roberto Fernández Rico, participaron na visita institucional que realizaron á Graxa Gayoso Castro da Deputación de Lugo.
Visita Granxa Gayoso Castro
23 Nov 2021

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, participaron este luns na visita institucional que realizaron á Graxa Gayoso Castro da Deputación de Lugo unha delegación de representantes da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, de Portugal. Os asistentes coñeceron as instalacións e o funcionamento da Granxa Experimental de Leite, un centro pioneiro en Galicia que combina formación e investigación universitarias, e na que este curso farán prácticas máis de 500 alumnos do Campus Terra grazas á colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a institución provincial.

O centro universitario luso estivo representado polo reitor, Emidio Gomes, o vicerreitor de Innovación, Joao Barroso, e a pro-vicerreitora de Parcerías e Internacionalización, Cristina Saraiva. Tamén estiveron presentes o reitor da USC, Antonio López Díaz, a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, e adxunta á Vicerreitoría para Investigación, Transferencia e Innovación, María Elvira López Mosquera.

221121 Visita á Granxa Gayoso Castro
0.19150590896606