Unha escultura na Horta do Seminario rende homenaxe ao labor do profesorado

LugoXa
Inaugurada na Horta do Seminario unha escultura de libros en pedra coa que se quere lembrar o importante traballo dos e das docentes.
Escultura docente
22 Oct 2022

A Horta do Seminario acolle desde hoxe unha escultura coa que Lugo rende homenaxe aos docentes, “unha profesión que é un pilar clave porque nas súas mans teñen a importante responsabilidade de transmitir o coñecemento ás novas xeracións e unha formación de calidade sempre nos fortalece como sociedade”, sostivo a alcaldesa lucense, Lara Méndez.

A obra, do artista José Gómez de Bernando, reflicte o saber en forma de libros esculpidos en pedra, “unha escultura que se sitúa nunha praza rodeada de centros educativos, unha praza que é zona de paso todos os días de profesores e profesoras, alumnado e familias, polo que é, sen dúbida, un dos mellores escenarios para homenaxear o traballo docente”, comentou a rexedora.

A alcaldesa quixo tamén resaltar o esforzo realizado polos profesores para adaptar as súas clases na pandemia e fixo un chamamento a unha “educación con máis recursos para que sexa realmente de calidade”.

Na inauguración da escultura, cuxa instalación foi solicitada por ANPE, estiveron presentes os seus responsables provinciais e nacionais.

A obra foi cofinanciada polo Concello de Lugo e a Deputación Provincial.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15558815002441