Unha gala recadará fondos este sábado en favor do pobo palestino en xaneiro

LugoXa
Pallasos en Rebeldía, Culturactiva S.
gala solidaria pobo palestino
10 Jan 2024

Pallasos en Rebeldía, Culturactiva S. Coop. e o Concello de Lugo presentan unha Gala Solidaria a favor de Palestina no Auditorio Gustavo Freire.

Baixo o lema Cultura contra a barbarie recadaranse fondos en apoio ao pobo palestino nun evento que contará coas actuacións de Uxía Lambona e a Banda Molona, Trécola Teatro, Paco Nogueiras e o Mago Teto. A gala será conducida por Sara Cruz.

A gala terá lugar no Auditorio Gustavo Freire este sábado, 13 de xaneiro, ás 18.00 horas. Ten un prezo de 5 euros.

"Nun contexto no que o pobo palestino enfronta unha das maiores crises humanitarias da nosa era, a cultura érguese como un poderoso medio para transmitir unha mensaxe de solidariedade e urxencia. Día tras día, esta comunidade sofre crimes de guerra que ameazan a vida cotiá de milleiros de persoas, incluíndo nenos e nenas. A cultura, entendida como un altofalante das reivindicacións sociais, convértese nun faro de esperanza e resistencia. Nesta gala solidaria, varias artistas unirán as súas voces e talentos para elevar unha chamada de apoio ao pobo palestino utilizando a arte como ferramenta para transcender fronteiras e construír pontes cara unha conciencia global.

A participación activa da sociedade en eventos culturais como este non só recada fondos vitais, senón que tamén subliña a necesidade apremiante de poñer fin a situación que afecta a toda unha poboación. Todos os cartos recadados serán destinados a apoiar ás entidades locais sobre terreo", di a organización.

Poden comprarse as entradas neste enlace.

0.15937614440918