Unha intervención sobre o libro Aziz+Cucher, nova peza do Museo de Lugo

LugoXa
Unha intervención sobre o libro de fotografía contemporánea “Aziz+Cucher”, nova peza de Mónica Alonso no Museo de Lugo
Aziz+Cucher museo lugo
9 Oct 2021

Mónica Alonso presentou esta tarde no Museo de Lugo unha peza creada para o proxecto  “Cabodano. II Andaina” impulsado polo Centro de Estudos Fotográficos de Vigo, como epílogo e celebración da actividade editorial que a entidade desenvolveu desde 1985 ata o ano 2016, coa publicación de 44 obras de fotografía contemporánea.

No marco desta iniciativa, que se puxo en marcha en 2019, creadores e creadoras de distintas disciplinas -Ana Soler, Joan Fontcuberta, Fran Hervello ou Almudena Fernández Fariña - veñen realizando pezas e intervencións inspiradas nos títulos publicados na colección Do Trinque en distintos espazos expositivos e centros culturais de  Galiza.

No caso de Mónica Alonso, o “libro intervido” é unha publicación con fotografías de Anthony Aziz e Sammy Cucher, editada en 2002 en galego e inglés. A peza instalouse na Sala de Arte Sacro, a carón da biblioteca do Museo de Lugo.

Na presentación da obra, a vicepresidenta Maite Ferreiro valorou que o “Museo de Lugo se sume a un proxecto no que veñen participando centros culturais de todo o país a través dunha artista como Mónica Alonso, que é referente da arte contemporánea galega” 

ANOTACIÓNS DE MÓNICA ALONSO SOBRE A OBRA

“No espacio cibernético convertémonos en información, unha correntenumérica que pode ser manipulada e cambiada a vontade. A medida que as posibilidades de dixitalizar a memoria ata os niveis máisrecónditos se fan cada vez máis reais, o espacio cibernéticoconvértese no noso mundo, xa non é máis unha fantasía distante eallea. Somo agora parte del, en infinita transformación ereconfiguración. O que temos que aceptar é que o resultado destasmetamorfoses non sempre pode predicirse ou controlarse con exactitude”.

Estas son as palabras dos autores Aziz+Cucher, (Nova York, 2002) para presentar a súa obra. 

Asúa reflexión é sobre unha realidade fixa e cuantificable, que nonsempre podemos controlar, xa que a metamorfose sempre está presente.E engado eu -menos mal que así é-. Os seus espazos arquitectónicoscarnais son un exemplo desta realidade. A rixidez arquitectónica éo estado máis controlado, a arquitectura ten “sempre” unha función. O colmo deste control é someter ao noso corpo á rixidezarquitectónica. Os autores fan entón un dobre xogo, o controlarquitectónico sobre a carnalidade, ou a carnalidade que toma formaarquitectónica pero segue sendo carnal e suxeita á metamorfose. As portas convídannos a entrar no interior arquitectónico feito conpel humana, pero debemos ter en conta que en calquera momento pode volve a forma orgánica.

0.074368953704834