Unha liorta entre dúas familias remata cun ferido por arma de fogo na rúa Primavera

A rúa Primavera de Lugo, entre Montero Ríos e Fontiñas, converteuse este mércores, 18 de marzo, no escenario dunha forte liorta entre dúas familias que acabou cun home ferido nunha perna por arma de fogo. O enfrontamento comezou arredor das 13.00 horas e desenvolveuse na propia vía pública, xerando unha situación de gran tensión.
Segundo a información dispoñible, no transcurso da discusión unha das persoas implicadas sacou unha arma e efectuou un disparo contra un membro da outra familia. Este feito puxo fin á pelexa, xa que o ferido foi trasladado de inmediato ao Hospital Universitario Lucus Augusti para recibir asistencia sanitaria.
Ademais do ferido, o altercado tamén provocou danos en vehículos que se atopaban estacionados na zona no momento dos feitos.
A Policía Nacional desprazouse ao lugar e procedeu a cortar o tráfico na rúa Primavera para garantir a seguridade e facilitar a intervención. Así mesmo, abriu unha investigación co obxectivo de esclarecer o ocorrido e identificar e localizar o presunto autor do disparo.