Unha mostra de vehículos de ocasión pon fin ao XVII Salón do Automóbil de Lugo
Esta fin de semana o Pazo de Feiras de Lugo acolle as últimas xornadas do XVII Salón do Automóbil. Os vehículos de ocasión forman parte da ampla oferta desta cita, xa consolidada como un referente “para a dinamización do sector da automoción e, polo tanto, para o desenvolvemento da actividade económica da nosa provincia”, asegura o deputado de Participación Cidadá, Iván Castro.
Os asistentes terán unha última oportunidade de coñecer as novidades do sector do automóbil ata o 17 de marzo. O evento vai na liña dunha das actuacións prioritarias que impulsa a Deputación como é “o apoio aos sectores produtivos para xerar emprego de calidade”. O evento conta cun horario continuado de 11.00 a 21.00 venres e sábado, mentres que os domingos pecharán as portas ás 20.00 horas.