O Concello lanza unha nova campaña fronte á violencia machista na terceira idade

LugoXa
Concello de Lugo e CONFEMAC únense nunha nova campaña para visibilizar a violencia machista na Terceira Idade
Violencia xenero terceira idade
15 Nov 2022

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Executivo de Lara Méndez, a través da Concellería de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores, que dirixe Olga López Racamonde, realiza unha campaña para poñer de manifesto a invisibilidade que padecen as mulleres de maior idade, que é dobre: a discriminación que sufren polo feito de ser mulleres e tamén pola súa idade.

Baixo o lema Non somos invisibles: idadismo e machismo, esta acción busca exaltar os dereitos das mulleres maiores, que son os mesmos que os das mulleres de calquera outra idade, posto que independentemente da idade, as mulleres teñen dereito a ser respetadas, libres, a vivir a vida e a tomar as súas propias decisións, tal e como explicou Olga López. A Concellería instalará diversos mupis en distintos puntos da cidade con esta campaña, ademais de difundila nas redes sociais e nos centros de convivencia municipais.

Durante o que vai de ano, 38 mulleres foron asasinadas, 4 delas tiñan máis de 60 anos e podemos contar cinco máis se temos en conta a franxa dende os 51 anos, o que supón case un 24% do total. Esas cifras amosan a importancia de realizar campañas deste tipo.

Esta é unha das oito campañas, que no marco do lema Persoas maiores, cos mesmos dereitos, puxo en marcha Confemac, xunto a municipios de todo o territorio nacional, ata finais de ano.

CARTEL A violencia de xénero non ten idade
0.20456314086914