Unha nova campaña reparte kits de limpeza para os ouriños de cans

LugoXa
O Concello de Lugo inicia unha campaña para repartir kits de limpeza para os ouriños de can e manter así máis limpa a cidade
Campaña limpeza de ouriños
16 Feb 2023

O Concello de Lugo presenta a campaña Lu...guau!! de concienciación e información sobre a necesidade e a obriga dos propietarios de cans de contribuír a manter limpa os espazos públicos, neste caso relativa aos ouriños co fin de evitar manchas e malos cheiros.

“As persoas que temos cans, e somos moitos cun censo de máis de 3.000 mascotas, debemos corresponsabilizarnos non só dos seus coidados, senón tamén da limpeza da cidade para que podamos dignificar a imaxe de Lugo”, sostivo a rexedora, quen lembrou que o Concello está desenvolvendo un importante investimento na limpeza viaria co novo servizo Luce Lugo, “pero debemos ser partícipes na mesma tanto a administración como a sociedade, sendo respectuosos cos espazos públicos e co mobiliario urbano, así como coas fachadas e portais das vivendas particulares”, indicou.

A campaña, que se lanza baixo o lema Deixa a súa pegada, non os seus ouriños, suporá a distribución de forma gratuíta dun kit de limpeza, que inclúe máis de 2.500 recipientes con vinagre branco, que actúa de desinfectante natural, que serán reutilizables. O líquido deberá botarse tras os ouriños dos cans para aclaralos e evitar malos olores e axudar, así mesmo, a que outras mascotas ouriñen no mesmo sitio.

O reparto desenvolverase durante varios días en cinco zonas da cidade a través dun posto informativo itinerante. O  mércores 22 de febreiro estará na praza da Fonte dos Ranchos de 16.30 a 20.30 e o xoves 23 de febreiro no Parque de Frigsa de 16.30h a 20.30h. O venres 24 será a quenda da praza de Augas Férreas de 16.30h a 20.30h e o sábado 25 de febreiro estarán na avenida das Fontiñas de 10.30h a 14.30h.

0.1600022315979