Unha ofrenda floral e a lectura dun manifesto polo 185 aniversario de Rosalía de Castro

LugoXa
Hoy 23 de febrero, Lugo celebró el 185 aniversario de Rosalía de Castro con una ofrenda floral y la lectura de un manifiesto.
dia rosalia 2
23 Feb 2022

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega realizaron hoxe en Lugo un acto con motivo do Día de Rosalía, celebrando o 185 aniversario do nacemento da poeta. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, destacou a figura “moderna, poderosa e valente” de Rosalía, e afirmou que isto converte á poeta “nunha das mellores figuras que nos definen como pobo”.

“Rosalía foi pioneira na defensa da nosa lingua, pioneira na defensa dos dereitos e pioneira na defensa dos dereitos das mulleres e por iso é preciso lembrar a esa Rosalía feminista, inconformista, e rebelde que rompeu moldes e que hoxe sigue sendo un referente”, afirmou Maite Ferreiro.

O acto continuou coa ofrenda floral a Rosalía e coa interpretación da Alborada de Rosalía, unha peza musical escrita pola propia poeta. Despois da lectura do manifesto da AELG polo Día de Rosalía, escrito por Beatriz Maceda, realizouse a tradicional lectura pública de poemas de Rosalía. A actividade contou coa presenza de estudantes do colexio Rosalía e María Auxiliadora, que realizaron tamén a súa homenaxe á Poeta.

DÍA DE ROSALÍA 2022

O Día de Rosalía celébrase este ano por primeira vez o 23 de febreiro, despois de que a Fundación Rosalía de Castro propuxera mudar a data debido ao recente descubrimento da investigadora Sagrario Abelleira, que corrixiu a data de nacemento da poeta.

O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das datas máis importantes do calendario cultural galego. Comezou sendo unha data celebrada e reivindicada pola AELG para logo conseguir unha presenza destacada no mundo escolar. Posteriormente chegaría a súa extensión a outros sectores máis amplos da sociedade e, ao mesmo tempo, a confirmación institucional.

0.19334816932678