Unha pancarta satírica reclama o arranxo da fochanca de Garabolos, en Lugo

LugoXa
Nos últimos días aparecía no medio da fochanca da rotonda de Garabolos unha pancarta que satiriza sobre a primeira "entrada ao metro" de Lugo
cartaz garabolos1
28 Xuño 2022

Continúan as protestas veciñais en torno á gran fochanca que hai ao carón da rotonda de Garabolos. Tras meses de queixas de colectivos veciñais, nestes días aparecía unha pancarta que criticaba, de forma satírica, este foxo que o concello de Lugo ten rodeado cun valado para evitar accidentes.

No cartaz, feito a man e de cores, pódese ler: "En contrución financiado polo Exce-lentísimo Concello de Lugo 1ª entrada de metro". Así, coa sátira que caracteriza aos galegos, reclaman ao goberno local o arranxo urxente desta fochanca.

A Asociación veciñal Alto de Garabolos, de Lugo, denunciaba a principios deste mes de xuño o “lamentable estado” que presenta esta vía de circulación e que, segundo o colectivo, supón “un grave perigo para condutores e, en consecuencia, para os viandantes”. O colectivo instaba aos titulares da Concellería de Vías e Obras a que acometan “con urxencia” a reparación do pavimento do carril afectado polo afundimento.

Pola súa banda, a concellería de Infraestruturas Urbanas, avanzaba en maio que o arranxo desta fochanca situada na avenida da Coruña faríase en varias fases para non entorpecer o tránsito de vehículos. A concellería executará os traballos durante os meses de verán, dado que se trata da época na que esta vía acolle menos tráfico.

fochanca Garabolos
cartaz fochanca garabolos
fochanca garabolos cartel
0.17197394371033