Unha pasarela facilitará o acceso ao centro de saúde de San Roque

LugoXa
O tenente de alcalde presentou o proxecto, que se prevé rematar este ano, a representantes de asociacións vencelladas coa accesibilidade
centro saúde san roque Lugo
6 Feb 2021

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, presentoulles este venres a representantes de colectivos vinculados á accesibilidade, o proxecto do Concello para a construción dunha pasarela entre as rúas Primavera e Anda, que melloraría o acceso ao centro de saúde de San Roque. O proxecto prevese licitar en breve  e a intención é que a pasarela esté rematada este ano.

O centro de saúde de San Roque ten unha pendente pronunciada, que dificulta o acceso ás persoas con problemas de mobilidade. A nova pasarela uniría o inicio desa rampa que da acceso ao centro sanitario coa parte alta da escalinata da rúa Primavera. Deste xeito, a estrutura pasaría xusto por riba do Carril do Xuízo e cumpriría así con todas as normativas vixentes no tocante á accesibilidade e ao paso de vehículos pola parte inferior. Segundo explicou Rubén Arroxo, esta opción permitirá unir as rúas Primavera e Peña Anda "cun percorrido case plano".

A lonxitude prevista para a nova pasarela é de 34,68 metros de longo e 1,80 de ancho.

0.15426015853882