Unha reunión cos veciños de Cervantes serviu para presentarlles as vantaxes dos polígonos agroforestais

LugoXa
O responsable de Medio Rural do goberno autonómico, José González, participou nunha reunión cos veciños de Cervantes para presentarlles as vantaxes que ofrecen os polígonos agroforestais e outras ferramentas da Lei de recuperación da terra agraria.
Medio rural Concello de Cervantes
21 Oct 2023

O responsable de Medio Rural do goberno autonómico, José González, participou nunha reunión cos veciños de Cervantes para presentarlles as vantaxes que ofrecen os polígonos agroforestais e outras ferramentas da Lei de recuperación da terra agraria.

Na xuntanza, organizada polo Partido Popular de Lugo, tamén participou a deputada autonómica, Encarna Amigo, e o voceiro do grupo municipal popular de Cervantes, Óscar Fernández.

A Lei de recuperación da terra agraria de Galicia entrou en vigor en maio de 2021 e desde ese momento puxéronse en marcha 26 polígonos agroforestais -que se atopan en distintas fases de execución- para poñer en valor máis de 9.100 hectáreas.

José González trasladoulles aos veciños de Cervantes que o obxectivo que se persegue con estas iniciativas é dinamizar o territorio, prever os incendios forestais e xerar actividade económica para que vivir no e do rural sexa posible. Seguindo esta mesma liña, destacou tamén a potencia doutras ferramentas de mobilización de terras, como son as permutas de interese agrario, as agrupacións de xestión conxunta ou as aldeas modelo -das que xa hai 21 aprobadas en toda Galicia-.

Estas ferramentas da lei, xunto as concentracións parcelarias, permitiron a posta en valor de arredor de 35.000 hectáreas nestes últimos catro anos. Deste xeito, o Partido Popular da provincia de Lugo defende a “posta en valor das terras en desuso como medida de dinamización do noso territorio, de xeración de emprego no rural e de prevención de incendios”.

Pola súa banda, o PP de Cervantes destaca “a implicación da Xunta e a vontade dos veciños para poñer en valor a terra abandonada”. Ademais, puntualizan que “con estas ferramentas é posible reestruturar a propiedade e os propietarios poden optar por vender ou permutar, arrendar ou poñer os terreos en produción”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19179821014404