Unha ruta de 215 quilómetros de Lugo aos Ancares a favor da investigación das enfermidades priónicas

LugoXa
Os participantes, que sairán ás 8 da mañá dende o edificio da Xunta en Lugo, percorrerán Lugo, Becerreá, Navia e Suarna, Pan do Zarco, Puerto Ancares, Piornedo, Cervantes e Becerreá
Patrimonio Ancares- Navia de Suarna-Os Castros
O vindeiro 8 de xuño ponse en marcha a iniciativa Desafío Os Ancares
31 Maio 2024

O vindeiro 8 de xuño ponse en marcha a iniciativa Desafío Os Ancares a través da que un grupo de amigos percorrerá 215 quilómetros con 6.200 metros de desnivel acumulado para dar a coñecer as enfermidades priónicas. Jacobo Carlos Goás e Pablo González son os impulsores da iniciativa, sairán ás 8 da mañá dende o edificio da Xunta en Lugo e percorrerán Lugo, Becerreá, Navia e Suarna, Pan do Zarco, Puerto Ancares, Piornedo, Cervantes e Becerreá.

Todo o recadado coa proba, que conta coa colaboración da Xunta, irá destinado á investigación das enfermidades priónicas, que producen un deterioro cognitivo ou condutual de rápida evolución, na maioría dos casos en semanas ou meses. Entre elas figuran a enfermidade de Creutzfeldt-Jakob, a encefalopatía bovina esponxiforme ou o insomnio letal, unha enfermidade neurodexenerativa que non deixa durmir e vai matando os poucos os nervios do corpo.

Goás padeceu de preto a patoloxía, pois por culpa da enfermidade perdeu a seu irmán. Desde entón, cada ano sóbese á súa bicicleta e cumpre un reto de superación que consiste en realizar un case imposible número de quilómetros en etapas de montaña e en moi poucos días co obxectivo de recadar fondos para a investigación de enfermidades priónicas.

O ano pasado superou un traxecto de Irún a Santiago, de 800 quilómetros en 4 días e este ano fará unha ruta de Lugo aos Ancares de 215 quilómetros e tentará facelo en 12 horas, pasando por 10 portos, un deles “Pan de Zarco”, considerado o máis duro de España despois de “L’Angiru”. Os interesados poden colaborar coa Fundación Española de Enfermidades Priónicas a través de bizum, utilizando o código 06422 ou a través da conta de ABANCA ES09 2080 3638 2130 4002 240.

 

desafio_os_ancares
0.18497705459595