Unha unidade móbil da Policía Nacional expedirá o DNI e o pasaporte en Palas de Rei o 29 de setembro

LugoXa
As persoas interesadas deberán solicitar cita no Concello antes do 22 de setembro e achegar unha foto recente e o pago en efectivo
Concello-Palas-de-Rei
28 Jul 2025

O vindeiro 29 de setembro, Palas de Rei contará coa visita dun Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional, que se desprazará ata o municipio para facilitar a expedición tanto do Documento Nacional de Identidade como do pasaporte a todas aquelas persoas que o soliciten previamente.

A unidade móbil estará operativa en horario de 9:30 a 12:30 horas e situarase nas dependencias do propio Concello. Para acceder a este servizo é imprescindible solicitar cita antes do 22 de setembro, ben acudindo presencialmente ás oficinas do Concello de Palas de Rei ou chamando ao número de teléfono 982 380 001.

As persoas interesadas deberán acudir o día da cita cunha fotografía recente con fondo branco. O pago das taxas realizarase en efectivo: 12 euros para a renovación ou expedición do DNI e 30 euros no caso do pasaporte. As persoas pertencentes a familias numerosas estarán exentas do pago, sempre que presenten o título de familia numerosa en vigor.

⚙ Configurar cookies
0.2994818687439