Unha unidade móbil xa mide a calidade do aire en Nadela

LugoXa
A Xunta inicia unha recollida de datos de 40 días para avaliar a necesidade dunha segunda estación fixa, ante a preocupación das familias
Unidade-Móbil-Nadela-aire
9 Dec 2025

O Partido Popular informou da posta en funcionamento dunha unidade móbil que está a medir a calidade do aire en Nadela, unha iniciativa da Xunta de Galicia que cumpre o acordo aprobado por unanimidade no Pleno do Concello de Lugo a petición da veciñanza.

A unidade permanecerá durante 40 días recollendo datos oficiais, públicos e verificables, co obxectivo de determinar se é preciso instalar unha segunda estación fixa de medición da calidade do aire.

No caso de detectarse valores superiores aos límites permitidos, activarase de inmediato o protocolo correspondente e estudarase a localización dunha nova estación fixa, co fin de protexer a saúde das persoas e dar resposta á preocupación das familias de Nadela. “Iso é facer política útil”, concluíu o Partido Popular.

Actualmente xa existe unha estación en San Xoán de Pena, pertencente á empresa maderera que opera na zona.

A proposta para instalar unha segunda estación foi aprobada por unanimidade no Pleno do Concello, pero nin o PSOE nin o BNG a apoiaron no Parlamento de Galicia, a pesar das preocupacións transmitidas polas familias da contorna, especialmente da zona do Villar, onde nalgúns momentos se rexistran lixeiras molestias respiratorias.

Cristina Sanz subliñou que: “Neste tema non hai alarmismo, hai responsabilidade: garantir a mellor información posible para protexer á poboación”.

⚙ Configurar cookies
0.082618951797485