Unha vintena de membros de Alpha Wolf Pack, ao estatal de Jiu Jitsu
Unha expedición do equipo Alpha Wolf Pack irá este sábado a disputar o Campionato estatal de Jiu Jitsu Brasileño en Salamanca. 21 persoas de Lugo e Ourense entre as que se atopa o cinturón negro Luis Castaño, pioneiro e responsable da introdución deste deporte nas dúas cidades, e que liderará ao grupo.
Para algúns dos participantes será o seu primeiro campionato, mentres que outros buscan revalidar o seu título de campión estatal.
Así, Luis Castaño, estará acompañado polo cinturón azul Marco Antono Castrillón, e os cinturóns brancos Yoel Barrios (categoría xuvenil), Juan Carlos Estévez (peso medio), Borja Gay e Moisés Rey (peso leve), Alejandro Sánchez (peso medio pesado), Diego Rodríguez e Álvaro Paz (peso pluma), Diego Uzal (peso gallo) e os infantís Yadhira Álvarez, Samuel Fernández e Daniel Flores.
Outros membros da expedición serán Karen López, Nieves López, Moisés Fernández, Iván Barrios, Berta Sobredo, Yerhai Álvarez, Yolanda Fernández e Natalia Duarte.