Unha xornada en Lugo rendeu homenaxe ao mindoniense Xosé Vizoso

LugoXa | AMariñaXa
Estivo organizada pola Vicepresidencia da Deputación, que se destacou a necesidade de recoñecer "a autoría dunha obra popular"
homenaxe-xose-vizoso
25 Jan 2025

A deputada de Cultura Iria Castro inaugurou a xornada Xosé Vizoso, debuxante eterno, na que o realizador Aser Álvarez, o escritor e cronista de Mondoñedo Antonio Reigosa, o pintor e gravador Xosé Artiaga e o ilustrador e deseñador Alberto Guitián repasaron a biografía e traxectoria creativa de Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950), o "home que deseñou case de todo", incidindo na necesidade de recoñecer "a autoría dunha obra popular"

Na presentación, Iria Castro explicou que “desde a área de Cultura traballamos desde fai anos na valorización da ilustración e da arte gráfica galega cunha programación propia, o programa IlustrarNós, obradoiros e murais, que levamos aos centros educativos para que as xeracións máis novas coñezan a referentes neste eido artístico, que non ocupa espazos centrais nos libros e nos temarios, pero que axudan a construír unha imaxe plural e máis completa do noso acervo cultural"

“Esta xornada sérvenos de punto de partida para celebrar a obra dun autor polifácetico que medra a carón dun dos proxectos culturais máis relevantes do século XX en Galicia como é Sargadelos e que destaca polo seu compromiso coa cultura popular”, explicou a deputada, que adiantou a próxima inauguración da exposición Universo Vizoso comisariada por Aser Álvarez, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos o vindeiro mércores – 29 de xaneiro, ás 19.00 horas-.

0.17568898200989