Unhas 120 persoas asistiron á Xuntanza de Xubilados de Rábade

LugoXa | TerraChaXa
Ademais de compartir un xantar e desfrutar dun día de festa e de conversa, fíxose un sorteo de agasallos
xantar-de-pensionistas-e-xubilados-rabade
Un momento do xantar
27 Maio 2024

Este domingo celebrouse no Restaurante Asador Coto Real a Xuntanza de Xubilados e pensionistas de Rábade, á que asistiron preto de 120 persoas.

Ademais de compartir un xantar e desfrutar dun día de festa e de conversa, fíxose un sorteo entre os asistentes cos agasallos doados polos empresarios e comerciantes de Rábade e das empresas que traballan para o Concello.

O Concello de Rábade agradécelle a todos e todas a súa asistencia ao tempo que amosa a súa gratitude con todas as empresas e comercios colaboradores, "que este ano foron especialmente xenerosos cos regalos aos maiores".

"Entre todos fixeron posible que a celebración fora un éxito", explica a rexedora, Reme González.

0.14295887947083