Unhas 400 mulleres participaron nas Aulas Abertas da Asociación de Empresarias

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Rematou o programa cun acto en San Marcos logo de impartir 40 obradoiros en Xermade, A Pastoriza, As Nogais, Monterroso, Begonte, Foz, A Fonsagrada e Rábade.
21 Dec 2023

Rematou o programa cun acto en San Marcos logo de impartir 40 obradoiros en Xermade, A Pastoriza, As Nogais, Monterroso, Begonte, Foz, A Fonsagrada e Rábade.

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este mércores no peche das Aulas Abertas, unha iniciativa de formación organizada pola Asociación de Empresarias de Lugo en colaboración coa Deputación de Lugo e na que participaron máis de 400 mulleres e 13 asociacións. O acto, que se desenvolveu nos xardíns do Pazo de San Marcos, serviu para poñer punto e final a esta iniciativa, na que se organizaron un total de 40 obradoiros diferentes nos concellos de Xermade, A Pastoriza, As Nogais, Monterroso, Begonte, Foz, A Fonsagrada e Rábade.

“Este é un programa dirixido a favorecer o autoemprego e as novas oportunidades de negocio para mulleres emprendedoras. Unha cuestión fundamental para fixar poboación, sobre todo no rural”, destacou Rivera Capón. Para o Deputado, “a contribución das mulleres no mundo empresarial e na economía é única e valiosa, por iso é tan importante que traballemos xuntos para eliminar unha a unha todas as barreiras que se atopan ás mulleres á hora de emprender”.

Nese sentido, sinalou Pablo Rivera a importancia de “promover un entorno propicio para o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras lideradas por mulleres”, apuntando que precisamente a misión das Aulas Abertas “é darlle ás mulleres as ferramentas para poder responder da mellor maneira ante as dificultades e desafíos que se presentan”.

Así, Aulas Abertas contou desde setembro con 160 horas de obradoiros de tramitación online, reciclaxe, elaboración de aceites para a pel e o cabelo, cultivos alternativos, transformación de carne, floraría, conservas ou natureza. “Colaborar co tecido asociativo é unha das máximas do Presidente da Deputación. Porque neste Goberno provincial traballamos coa idea de que xuntos somos máis fortes e somos capaces de ofrecer máis e mellores servizos á veciñanza”, incidiu o deputado.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18283295631409