Unhas trescentas palilleiras de toda Galicia participan no PalillAD

LugoXa
Unhas trescentas palilleiras de toda GaliCIa participan no PalillAD, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
encontro palilleiras lugo
28 Maio 2023

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro achegouse onte á Xuntanza de Palilleiras e Multilabores PalillAD, que reuniu unha trescentas palilleiras de toda Galicia na Praza de Abastos de Lugo.

A xornada, organizada pola asociación lucense Agulla Máxica coa colaboración do Centro de Artesanía e Deseño, convocou palilleiras das comarcas de Lugo, Sarria, A Mariña ou a Ribeira Sacra, e tamén de Vigo, Silleda, Ourense, Betanzos, Oleiros, Valdoviño, Cambre, Camariñas, Arteixo ou Cambados, propiciando unhas horas de convivencia e
intercambio de experiencias e técnicas ao redor do encaixe de palillos.

Maite Ferreiro, que estivo acompañada pola concelleira de Participación Cristina López, deu a benvida a Lugo ás participantes, das que destacou a dedicación para manter viva e transmitir esta técnica tradicional que está a experimentar unha importante transformación impulsada polo mundo da moda, o deseño ou a decoración".

0.20031499862671