Unión Agrarias celebra unha charla para informar sobre o corredor Nadela-Sarria
LugoXa | SarriaXa
Será na sede da organización este venres ás 12.00 horas
Imaxe do corredor
12 Xuño 2024
Co obxectivo de informar e asesorar á veciñanza afectada polo proxecto de conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria, Unións Agrarias organiza unha charla este venres, día 14, ás 12.00 horas.
Será na sede da organización situada no número 59 da rúa Castelao, en Lugo. Ao encontro están convocadas todas as persoas propietarias das 80 fincas afectadas por unha obra que se realizará no treito comprendido entre Nadela e A Pobra de San Xiao que transcorre polos concellos de Lugo, O Corgo e O Páramo.
Unións Agrarias lembra que a cidadanía dispón de 30 días hábiles para presentar alegacións; un prazo que se abriu o xoves pasado, logo de que o DOG publicase o anuncio do nomeado proxecto.