Uns 150 veterinarios participan nun curso en Lugo sobre os labores nas explotacións gandeiras
O deputado Daniel García inaugurou o curso sobre as función do veterinario de explotación en ganderías bovinas, porcinas e avícolas, organizado polo Colexio Oficial de Veterinarios co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A área provincial colabora no financiamento do curso no que participan 150 veterinarios e veterinarias e que se desenvolverá os venres - do 15 de marzo ao 26 de abril, en formato semipresencial - na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo.
Durante a súa intervención no acto, o deputado destacou a colaboración da área de Rural "cas profesionais e os profesionais que prestades servizo ás granxas, en distintos campos" e sinalou "as actualizacións normativas teñen que ir acompañadas dos recursos e das ferramentas necesarias para que a súa implementación non sexa percibida como un
obstáculo para gandeiras e gandeiros".
Puxo en valor tamén a celebración do curso en Lugo "polo carácter estratéxico que o sector agrogandeiro ten para a provincia" e polo que "supón de reforzo para o Campus Terra que, dixo, ten nesta facultade de veterinaria e nas titulacións vinculadas ao sector agrogandeiro e forestal valores irrenunciables"