Uns 17 centros participan na primeira Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo

LugoXa
Abriu con preto de 40 expositores nos que os estudantes poderán atopar orientación para escoller o seu camiño formativo e laboral
feira_de_emprego_lugo
A mostra reunirá a 15 centros de ensino de Lugo
23 May 2024

A I Feria de Educación, Formación e Emprego de Lugo, organizada polo Pazo de Feiras e Congresos e coorganizada pola Xunta, abriu con preto de 40 expositores nos que os estudantes poderán atopar orientación para escoller o seu camiño formativo e laboral. Na cita están presentes 17 centros educativos públicos da provincia lucense.

A mostra reunirá a 15 centros de ensino de Lugo, e conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo para proporcionar información, asesoramento e orientación para que as e os estudantes que asistan poidan decidir sobre o seu futuro profesional. Está dirixida estudantado, familias, profesionais do ensino, centros educativos, formadores, empresas do sector e público en xeral, e ten conta os intereses tanto da mocidade que está a piques de comezar os seus estudos superiores como a das e dos profesionais en situación de desemprego.

O delegado territorial, Javier Arias, participou na inauguración xunto co patrono da Fundación de Feiras e Exposicións e representante da Confederación de Empresarios de Lugo, Luis Abelleira – entre outras persoas -. Arias emprazou a alumnado, familias, centros e profesionais a achegarse a este espazo para “coñecer de primeira man o amplo abano de ciclos, másteres e titulacións de alta especialización de FP que se ofrecen na provincia de Lugo”, con altas taxas de inserción laboral.

A Formación Profesional está moi presente na feira e os institutos aproveitan para explicar a variedade de familias profesionais que imparten e amosar os seus proxectos innovadores, como é o caso do simulador de coches de competición de Fórmula 3 deseñado no CIFP As Mercedes da cidade. Luis Abelleira apuntou que a primeira xornada “está sendo todo un éxito pola grande afluencia de xente –máis de 3500 persoas–, en concreto de estudantes, e polo alto nivel de interese que mostran nas iniciativas e alternativas formativas e profesionais que se están a presentar “. Incidiu no interese da feira en especial para a comunidade escolar e para as familias.

Outras entidades, centros formativos e institucións que informan das opcións educativas con mellores saídas laborais son o Centro Superior de Hostalería de Galicia, Universidades, as Forzas Armadas, a Fundación CEL, escolas – como AFN Escola de Pilotos - e colexios profesionais como o de Enxeñeiros Industriais ou o de Axentes Comerciais. Ao longo das dúas xornadas as entidades participantes impartirán charlas e sesións de orientación laboral para ofrecer asesoramento aos estudantes.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18413996696472