Uns 50 cañistas xuntáronse en Ombreiro por unha boa causa

LugoXa
O concurso de pesca dos Troiteiros de Ombreiro, que chegou a súa trixésimo terceira edición e co que doaron 10 quilos de troitas a familias sen recursos do concello de Outeiro de Rei, foi todo un éxito Os Troiteiros de Ombreiro organizou esta fin de semana o seu tradicional concurso de pesca, un evento habitual no calendario do colectivo que perseguía unha boa causa: doar 10 quilos de troitas a 5 familias de Outeiro de Rei.
troiteiros_de_ombreiro_concurso_pesca_pescar
8 Abr 2024

O concurso de pesca dos Troiteiros de Ombreiro, que chegou a súa trixésimo terceira edición e co que doaron 10 quilos de troitas a familias sen recursos do concello de Outeiro de Rei, foi todo un éxito

Os Troiteiros de Ombreiro organizou esta fin de semana o seu tradicional concurso de pesca, un evento habitual no calendario do colectivo que perseguía unha boa causa: doar 10 quilos de troitas a 5 familias de Outeiro de Rei. “Foi un éxito, os socios quedaron encantados coa organización”, conta Rubén Castro, presidente do colectivo.

Na cita, que chegaba a súa trixésimo edición, participaron 50 cañistas, o número máximo de prazas das que dispoñen no coto de Ombreiro e cada un deles puido capturar ata catro troitas. Finalmente, Alberto Ferreiros González resultou ganador da proba, aínda que a fin benéfica e compartir a súa paixón eran os verdadeiros obxectivos desta xuntanza. “Non puido saír mellor. Cumprimos co obxectivo da doazón e cubríronse as 50 prazas”, engade Castro.

Cada un dos participantes recibiu agasallos por parte da asociación que tamén aproveitou a ocasión para homenaxear a Pedro Real Arias, que asumiu a presidencia dos Troiteiros durante máis de 30 anos. Con esta proposta, o club de pescadores mantén viva unha cita xa máis que consagrada que goza dun futuro máis que asegurado.

0.21036696434021