Usuarios da residencia das Gándaras volven saír á rúa de protesta

LugoXa
O Parlamento aprobou as iniciativas do BNG para instar á Xunta a escoitar as demandas das persoas usuarias da residencia
manifestacion-as-gandaras-lugo-residencia
7 Feb 2026

A deputada do BNG Olalla Rodil, acompañada polas concelleiras do BNG no Concello de Lugo Cristina López e Iria Buide, participaron unha nova mobilización das e dos usuarios da residencia das Gándaras que seguen a reclamar unha maior comunicación coa Xunta de Galiza ante as obras de remodelación do edificio. Rodil destacou que o Parlamento aprobou unha proposición do BNG para instar á Xunta de Galiza a abrir un espazo de diálogo coas usuarias e usuarios da residencia das Gándaras co obxectivo de escoitar as súas opinións e preferencias ao respecto.

Rodil afirmou que "as persoas residentes nas Gándaras teñen dereito a vivir con tranquilidade e respecto, nun entorno que lles garanta intimidade e calidade de vida, especialmente tratándose de persoas maiores ou con problemas de saúde e mobilidade". A deputada do BNG transmitiu ás persoas afectadas o apoio do BNG e afirmou que "é unha reclamación xusta, trasladaremos a problemática das e dos usuarios ao Parlamento para forzar ao goberno a modificar a reforma prevista no centro".

A deputada Olalla Rodil destacou que o BNG aposta por un modelo público, tanto na titularidade como na xestión "o obxectivo desta proposta do Bloque é humanizar os coidados nun sistema público, no que contemos con centros de menor tamaño e primando o benestar das persoas". Rodil explicou que o proxecto do BNG para as residencias conta con ferramentas para a supervisión do funcionamento e calidade do servizo con todo o tipo de información para que calquera cidadán teña acceso; é fundamental para garantir ás usuarias e usuarios os seus dereitos

As obras previstas pola Xunta de Galiza no centro van supoñer cambios que, segundo as usuarias, minguan o seu dereito á intimidade e á privacidade, especialmente o das persoas que comparten habitación, que son a maioría. As Gándaras é un centro que comezou a funcionar en 1981, ten 45 anos e 218 prazas, das que 160 corresponden con habitacións son dobres. O proxecto de obra da Xunta non prevé construír máis habitacións individuais senón que as actuacións van encamiñadas a reorganizar os espazos, reducindo o espazo actual e deixando as camas separadas entre si só por unha mesiña de noite.

⚙ Configurar cookies
0.085354804992676