Usuarios das Gándaras entrevistaron ao xefe da Garda Civil
Os usuarios da residencia das Gándaras tiveron onte a oportunidade de entrevistar ao xeneral xefe da Garda Civil en Galicia, o lucense Miguel Ángel González, co que remata o segundo ciclo de encontros organizado pola Xunta na biblioteca deste centro.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu a este coloquio, que ao longo do último mes atraeu á Residencia das Gándaras a personalidades de distintos ámbitos vencelladas coa cidade de Lugo. Así, nesta edición foron entrevistados o bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, o presidente do CD Lugo, Tino Saqués, a CEO de Leite Río, Carmen Lence, a directora de Cáritas, Amparo González ou a directora de Enfermería da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, María Jesús Pérez.
As 6 entrevistas foron gravadas e serán proxectadas nos salóns do centro para que as poidan ver todos os usuarios. O obxectivo é dinamizar a residencia e axudar aos maiores a levar unha vida activa e participativa.