Usuarios de Alcer Lugo visitaron Monforte no marco do programa 'Coñece a túa provincia'

LugoXa | RibeiraSacraXa
23 usuarios e usuarias desta asociación descubriron lugares emblemáticos da Ribeira Sacra como o Pazo de Tor, San Vicente do Pino e o Centro do Viño
Coñece-a-túa-provincia-Alcer-Monforte
16 Out 2024

A Deputación de Lugo organizou unha ruta adaptada para que o colectivo Alcer Lugo puidera participar no programa de viaxes gratuítas da institución provincial Coñece a túa provincia.

Concretamente, 23 usuarios e usuarias desta asociación lucense que dá apoio aos doentes de ril visitaron Monforte de Lemos e descubriron lugares emblemáticos da Ribeira Sacra como o Pazo de Tor, San Vicente do Pino e o Centro do Viño.

Tamén viaxaron os membros da asociación Capela Sixtina de Nogueira de Miño, de Chantada, que tras coñecer as instalacións da produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo, puxeron rumbo á Mariña para visitar Barreiros e Ribadeo.

O programa do Coñece a túa provincia continúa con novos grupos e ofrece ata este venres rutas a máis de 180 veciñas e veciños de Chantada, Lugo, Guntín e Paradela.

O xoves, o colectivo de San Xoán de Laxe, de Chantada, porá rumbo Cervo para coñecer a fábrica de Sargadelos, o Museo do Mar ou a praia do Torno. Ademais, a veciñanza de San Mamed de Los Ángeles, de Lugo, escolleron a ruta do Valadouro e Alfoz para visitar o Museo do Mel, o castelo de Castrodouro e a Finca Galea.

O venres, a Asociación de Mulleres Rurais da Agra, de Lugo, e a Asociación Castro de Rei de Lemos, de Paradela, rematarán a semana con viaxes á Montaña e á Mariña.

0.18082308769226