Usuarios de residencias de Lugo desfrutaron dunha charla no marco do proxecto Grazas A-Vós

A UNED de Lugo levou a cabo unha nova conferencia dentro do proxecto Grazas A-Vós para os usuarios e usuarias das residencias públicas de maiores da Xunta de Galicia en Lugo das Gándaras e da Milagrosa, que tiveron a oportunidade de participar nunha charla especial sobre a riqueza histórica e cultural da cidade de Lugo.
Baixo o título 'Lugo, Cidade Patrimonio: Un Tesouro da Humanidade', a conferencia foi impartida por Raquel Iglesias Rodríguez, profesora do Grao en Historia da Arte na UNED de Lugo, quen guiou aos asistentes nun percorrido pola historia e o valor patrimonial da cidade, destacando a súa importancia como cidade histórica e Patrimonio da Humanidade.
Na actividade estiveron presentes importantes autoridades como Ana Belén Traseira Pena, directora da UNED de Lugo; Luis Abel, director da Fundación Breogán; e Óscar Viñas, director territorial de Política Social da Xunta de Galicia en Lugo, quen, xunto coas directoras das residencias, reforzaron o compromiso de mellorar a calidade de vida das persoas maiores a través da cultura e a educación.