Usuarios do servizo de atención temperá reuniranse este venres en Friol

TerraChaXa | LugoXa
O servizo de Atención Temperá de Friol, Begonte, Palas, Guntín, e Rábade celebrará a súa segunda xuntanza das familias nesta primeira vila.
festa atencion tempera friol portada
27 Xuño 2023

O servizo de Atención Temperá de Friol, Begonte, Palas, Guntín, e Rábade celebrará este vernes a súa segunda xuntanza das familias nesta primeira localidade como festa de final de curso.

A xuntanza terá lugar concretamente na area recreativa do complexo fluvial, coa participación da maioría das familias usuarias do servizo.

Será unha tarde de xogos e merenda para que os máis novos, e as súas familias teñan tamén un momento para a conversa e o intercambio de experiencias.

A sesión terá lugar a partir das 18.00 horas e rematará ás 20.00 con xogos e merenda.

festa atencion tempera friol
0.10507798194885