Uxía Folgueira, convocada pola Real Federación de Karate para un adestramento

LugoXa
Esta convocatoria supón un importante recoñecemento para a nova deportista lucense, que continúa consolidándose como unha das grandes promesas do karate español
Uxía-Folgueira-Escola-Deportiva-Shihan
26 Feb 2025

Uxía Folgueira, integrante da Escola Deportiva Shihan de Lugo, foi convocada pola Real Federación de Karate para participar nun adestramento de Kata e Kumite.

A sesión terá lugar o vindeiro sábado 1 de marzo en La Nucía (Alicante) e reunirá ás mellores competidoras do país.

Esta convocatoria supón un importante recoñecemento para a nova deportista lucense, que continúa consolidándose como unha das grandes promesas do karate español.

Durante a xornada, Uxía Folgueira terá a oportunidade de adestrar xunto a outras atletas de alto nivel e recibir formación especializada por parte de técnicos da federación.

⚙ Configurar cookies
0.22314596176147