Uxía Folgueira do Shihan, bronce no Campionato de España de Karate Infantil
Os deportistas do club Shihan participaron no Campionato de España Infantil de Karate que tivo lugar que Guadalajara. Tras uns encontros de moita calidade técnica e física, Uxía Folgueira acadou un bronce en kata xuvenil.
Dende a escola destacan tamén o traballo de Iria en Kata Infantil, aínda que non conseguiron gañar a primeira volta e perderon no segundo encontro sen opción a repesca. Ángela, en Kata e Kumite Infantil, e Zoe Kata Infantil, tampouco lograron pasar do primeiro encontro, pero estiveron á altura do nivel e suman unha experiencia máis.
Pola súa parte, Nayla e Naiara competiron por primeira vez a nivel Nacional e empezaron gañando os seus combates aínda que finalmente non foi ao noso favor. En kumite infantil, Dani e Adri non lograron superar o primeiro encontro, xa que os nervios xogaron unha mala pasada pero quedan con ganas de máis.