Uxía Folgueira logra a prata en Kata U14 na Youth League de Croacia

LugoXa
A deportista da Escola Deportiva Shihan acada a súa segunda medalla internacional tras brillar en Porec
Uxia-Folgueira-Escola-Deportiva-Shihan
3 Jul 2025

A karateca Uxía Folgueira, integrante da Escola Deportiva Shihan, vén de conseguir a medalla de prata na categoría Kata U14 durante a Youth League celebrada este domingo na localidade croata de Porec.

A competición, unha das máis destacadas a nivel mundial para as categorías de base, reuniu a mozas promesas do karate de distintos países.

Con este resultado, Folgueira engade o seu segundo podio internacional ao seu palmarés, consolidándose como unha das grandes esperanzas do karate galego no ámbito competitivo.

A súa actuación en Croacia reafirma a progresión da deportista e o bo traballo formativo desenvolvido pola súa escola.

⚙ Configurar cookies
0.18828105926514