Uxía Folgueira logra a prata europea en kata por equipos no Campionato de Europa de Chipre

Uxía Folgueira González, da Escola Deportiva Shihan, proclamouse subcampioa de Europa en kata por equipos na categoría cadete-júnior no Campionato de Europa disputado esta fin de semana en Chipre.
O combinado no que participou asinou un excelente percorrido ao longo da competición, superando todos os seus enfrontamentos cun contundente marcador de 5-0 ata acadar a final.
No último combate, o equipo de Folgueira quedou ás portas do ouro tras caer por un axustado 3-2 fronte á selección de Francia, nunha final moi disputada que se resolveu por mínimos detalles.
A medalla de prata supón un importante recoñecemento ao traballo, á constancia e ao alto nivel competitivo da deportista, así como ao labor formativo da Escola Deportiva Shihan no ámbito internacional.