Uxía Folgueira pecha a tempada internacional cunha posición destacada na categoría U14

LugoXa
A deportista da Escola Deportiva Shihan culmina a Youth League de Venecia cun ouro en Kata e un novo top-5 en Kumite
Uxía-Folgueira-Escola-Deportiva-Shihan
8 Dec 2025

Uxía Folgueira, da Escola Deportiva Shihan, competiu esta fin de semana na Youth League de Venecia na que foi a súa derradeira participación da tempada e tamén o seu último campionato internacional dentro da categoría U14, á que pon fin cun rendemento excepcional.

Na disciplina de Kata encadeou seis roldas impecables nas que se impuxo con solvencia ás representantes de Eslovenia, Francia, Estados Unidos, Serbia, España e Portugal, demostrando unha superioridade constante ao longo de toda a xornada.

Pola súa banda, na modalidade de Kumite acadou unha meritoria quinta posición logo de disputar catro enfrontamentos fronte a rivais de Polonia, Francia, Serbia e Ucraína. Cedeu o pase á final nunha axustada semifinal ante Luxemburgo e, xa na loita polo bronce, rematou caendo por decisión arbitral tras empatar 4-4 con Serbia.

Con este resultado, Uxía suma unha nova medalla ao seu historial internacional, no que reúne xa un ouro, unha prata e un bronce en Kata, ademais de dous quintos postos en Kumite, consolidándose como unha das promesas máis sólidas da súa categoría.

⚙ Configurar cookies
0.07921290397644