Uxía Folgueira representará a España no Europeo de karate en Chipre

Uxía Folgueira González, integrante da Escola Deportiva Shihan, foi seleccionada pola Real Federación Española de Karate para formar parte da selección nacional que participará no Campionato de Europa.
A competición continental disputarase entre o 6 e o 8 de febreiro na cidade de Limassol, en Chipre, reunindo ás mellores karatecas do panorama europeo.
A deportista competirá na modalidade de kata por equipos, dentro da categoría cadete-junior, un recoñecemento ao seu traballo, á súa progresión deportiva e aos resultados acadados nas últimas tempadas.
A convocatoria supón un importante fito tanto a nivel persoal para a karateca como para a Escola Deportiva Shihan, que verá representados os seus valores e o seu labor formativo nunha cita internacional de máximo nivel.