Vacinación

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
Apuntamentos Veterinarios. As últimas novidades dos estudos realizados sobre esta materia, tanto en mascotas como animais de granxa.
breixo
10 Jan 2022

Por Breixo González

Hoxe para  comezar o ano imos falar dun tema moi manido e cheo de imprecisións intencionadas por certos grupos (que moitas veces veñen por grupos conspiranoicos e pseudocientiíficos) e ese tema son as vacinas, e así  imos falar de elas dende o enfoque veterinario e no mundo das mascotas.

As vacinas son un piar básico na erradicación de enfermidades, dende que se descubriu a vacina da varíola  a finais de 1700 (co cal non podemos dicir que é algo moderno nin testeado) e dende enton hai outras enfermidades que foron erradicadas ou cando mínimo reducidas a mínima expresión , como a polio...

E o mesmo ocorreu con enfermidades animais como a rabia... pero nestes últimos anos internet , que moitas veces non ten control do que se publica , comezou a espallar mentiras e información sesgadas e cousas que non se sabe moi ben de onde veñen... Estamos vendo que as taxas de vacinación dos animais baixaron e incluso vemos camadas que veñen a clínica sen desparasitar nin vacinar... e ahí veñen os problemas.

As vacinas , a  mellor comparación que podemos facela seria que ensinan  (mediante diversos mecanismos en función da vacina e dó patóxeno) ensinan o nosos sistema inmune cales son os patóxenos dos que deben defenderse, e cando o patóxeno apareza en el, fai que o corpo e o noso sistema inmune. E iso estámolo vendo no caso desta última vaga da Covid, na  que a pesares de ter uns números de contaxios enormes, temos ,menor taxa de ingresos, e isto é a causa da vacinación. E do mesmo xeito a vacina non impede que nos infectemos (si, reducen o risco de infección pero se non temos os coidados debidos, infectaremonos igual), a diferenza está que o dano que nos causen sexa moito menor, do mesmo xeito que un chaleco antibalas evita que morramos dun disparo no peito pero non evita que se rompan  rompan as costelas no proceso.

Esto mesmo ocorre cas vacinas animais e por iso é fundamental a boa xestión das  pautas de vacinación.

Primeiro: as vacinas son medicamentos veterinarios de prescrición e aplicación veterinaria , e teñen que cumprir unha estricta cades de frío, co cal as vacinas non poden ser vendidas nin aplicadas por particulares   (cousa que vemos e sempre estan asociadas a súa ineficiencia).

Segundo: Os programas de vacinación teñen unhas pautas de aplicación (tempo entre doses, tipo de vacina) dadas pola experimentación do laboratorio e os resultados dos mesmos.

Terceiro: As pautas de vacinación deben vir acompañadas de unha exploración do estado xeral do animal e deben ir acompañadas de un programa de control de parásitos (que tamén só ó pode prescribir un veterinario). Ademais a desparasitación é fundamental no cachorro, xa que vemos que moitas veces acoden cachorros a vacinar e teñen cargas parasitarias moi elevadas, eses mesmos parásitos danan as suas paredes intestinais e diminúen as súas suas defensas facéndoos susceptibles a contraer enfermidades como a parvovirose. E as vacinacións deben repetirse  cunha base fixa en animais adultos para manter a inmunidade o longo da vida das nosas mascotas.

Estamos vendo casos de camadas enteiras afectadas de parvovirose, animais adultos afectados de moquillo e brotes de tos das canceiras e nos gatos de panleucopenia... e é unha magoa que se produzan xa que todas elas  teñen vacina.

0.1888108253479