Vaise construír unha instalación eléctrica en Merlán a petición do Concello de Palas de Rei

LugoXa
A parroquia palense de Merlán celebra esta fin de semana as súas grandes festas na honra de Santa Petronila.
Merlan palas de rei 2023
Merlan palas de rei 2023
27 Nov 2023

A Consellería de Economía, Industria e Innovación concedeu a autorización administrativa favorable para a construción dunha instalación eléctrica en Merlán a petición do Concello de Palas de Rei.

Así, a veciñanza da parroquia de Merlán, terá ampliada a súa potencia eléctrica nos domicilios ao pasar de ter un transformador de 50 kVAS por un de 100 kVAS.

A medida foi tomada ante os continuos cortes eléctricos presentados, que motivaron unha demanda de maior potencia eléctrica que dea cumprida resposta as necesidades dos veciños/as.

Tamén se procedeu a repotenciacións similares en: Pidre, Chorexe e Ponte Mercé.

0.11581897735596