Varias actividades animarán este domingo a feira mensual de Friol

LugoXa | TerraChaXa
Á tradicional venda de produtos sumarase a música tradicional, títeres e un  dúo musical
feira-friol
Cartel do evento
1 Xuño 2024

O Concello de Friol segue a promocionar a súa feira e este domingo haberá animación durante toda a xornada.

Non faltarán os produtos agroalimentarios, textil, artesanía, horta, polbo, churrasqueiras e  hostelería, habituais da festa, ao que se sumarán música tradicional, títeres e un  dúo musical.

Ás 12.30 horas terá lugar un pasarrúas a cargo de Xesta Verde e pola tarde será a vez dos títeres, ás 18.00 horas, Dona Barriga Verde, que poderá verse no parque Rosalía de Castro. Finalizarán cun concerto, ás 19.00 horas, a cargo de D'Cache Music, na praza de Andón Cebreiro.

A feira recuperou en abril a súa presenza no centro da vila.

0.16791009902954