Varias parroquias aproveitan o San Xoán para celebrar as súas patronais

LugoXa
Numerosas parroquias da comarca aproveitan esta fin de semana de San Xoán para celebrar as súas festas patronais.
festas fogos artificio patronais
23 Jun 2023

Numerosas parroquias da comarca aproveitan a fin de semana para celebrar as súas festas patronais.

CASTRO DE REI

As localidades de San Xoán de Ribeira de Lea e de Santa Leocadia, en Castro de Rei, estarán de festa esta fin de semana para celebrar o San Xoán.

Na primeira as festas arrancarán o sábado cunha misa solemne e a actuación da orquestra Escaparate en sesión vermú e verbena. Nesta última tamén contarán coa actuación musical dos Festicultores Troupe.

O domingo continuará a festa só ata mediodía. Despois da misa solemne haberá sesión vermú cos Valuros. Ademais, o 15 de xullo está prevista a tradicional comida veciñal, que estará amenizada pola charanga Louband.

En Santa Leocadia as festa serán na honra a San Pedro comezando o sábado coa misa tradicional e a actuación do grupo Paréntesis, que tamén actuará na verbena xunto a Beatriz.

O domingo tamén haberá misa ás 13.30 horas e a procesión contará coa participación da Banda de Gaitas Asubíos da Chaira. Despois, a sesión vermú e a verbena estarán a cargo da orquestra Favorita.

LUGO

San Xoán do Campo tamén está de festas a fin de semana. Contará co grupo D'Nika en sesión vermú e verbena e Tania Veiras pola noite do sábado. O domingo será o dúo Eclipse o que amenice o mediodía mentres que a orquestra New York pechará a festa pola noite.

Os dous días haberá misa solemne ás 13.30 horas.

Tirimol tamén está de festa. Hoxe arrancan as patronais desta parroquia do municipio de Lugo, e farano cunha gran churrascada veciñal que estará amenizada polo dúo Eclipse.

A misa solemne na honra de San Xoán terá lugar o sábado dende as 13.30 horas. Ao rematar, terá lugar  unha exhibición pirotécnica e a sesión vermú a cargo dun grupo de gaitas tradicional. Pola noite haberá verbena coa orquestra Finisterre e Disco Móvil Impacto, con DJ Marcos Magan e DJ Sonic.

O domingo, 25 de xuño, será a última das xornadas destas grandes festas que comezará, de novo, ás 13.30 horas con misa solemne. A nota musical da sesión vermú correrá a cargo do dúo Estrellas. Ademais, para remtar a festa, a partir das 18.00 horas haberá xogos tradicionais para todas as idades e competicións deportivas.

MONTERROSO

En Pol de Monterroso as festas son na honra á Virxe do Corpiño. Arrancará ás 13.00 horas coa misa solemne á que seguirá a sesión vermú do trío Mar de Caión, que tamén se ocupará da verbena.

O domingo a dobre sesión musical correrá a cargo de Sintonía e tamén haberá misa ás 13.30 horas.

OUTEIRO DE REI

As localidades de Silvarrei e San Xoán de Parada tamén están de festa. Hoxe darán comezo as celebracións en Silvarrei cunha churras cada veciñal a partir das 22.00 horas, amenizada pola orquestra La Hora Bruja en sesión verbena.

O sábado haberá misa pola mañá, ás 13.30 horas con procesión e posterior sesión vermú con La Travesía. Esta mesma orquestra encargarase da verbena xunto ao dúo Elixir.

O domingo haberá misa ás 13.30 horas de novo con procesión e coa sesión vermú darase por concluída a festa, que contará con Alma Latina. O campo da festa estará cuberto con carpa.

En San Xoán de Parada as festas serán o sábado e o domingo. Neste primeiro día as celebracións arrancará coa tradicional misa ás 13.30 horas, amenizada polo grupo Axeigo. A sersión vermú estará a cargo do dúo Epo-K, que tamén estará na verbena desde as 20.00 horas xunto ao trío Karma.

O domingo repetirá o oficio relixioso, sen procesión, e a sesión vermú de fin de festa contará co dúo Karamba.

PALAS DE REI

A localidade de Cubelo, en Palas de Rei, celebra esta fin de semana as súas festas na honra a San Xoán. Estas darán comezo ás 13.00 horas coa misa solemne, á que seguirá a sesión vermú, que estará a cargo do grupo Superstar.

Pola noite, volverán actuar na verbena xunto a DJ Casanova.

O 25 continuarán as celebracións coa charanga Eravisto, que actuará en sesión vermú e de tarde, a partir das 19.00 horas.

festas santa leocadia
festas san xoan tirimol
FESTAS POL DE MONTERROSO
festas silvarrei
festas san xoan ribera de lea
FESTAS SAN XOAN DO CAMPO
cubelo palas de rei festas san xoan
festas san xoan parada
0.14080691337585