Varios centros educativos iniciarán rehabilitacións integrais antes de que finalice o ano

LugoXa
Varios centros da cidade de Lugo iniciarán rehabilitación integrais antes de que finaliza o ano cun investimento da Xunta
ies nosa señora dos ollos grandes
11 Nov 2022

Antes de que finalixe o ano diferentes infraestructuras educativas da cidade iniciarán obras por valor de 6 millón de euros despois de que nas últimas semanas se formalizaran os correspondentes contratos para levar a cabo as actuacións por parte da Xunta de Galicia.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades comezará de xeito inminente as rehabilitacións integrais do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (cun orzamento de 1,5M€ ); Ánxel Fole (por preto de 1,4 M€); e do CEIP Paradai (932.600 euros).

Tamén empezará este ano a construción da central de biomasa que dará servizo ao complexo no que se sitúan os IES Ollos Grandes e Lucus Augusti, o CIFP Politécnico, o colexio Anexa e a Facultade de Formación do Profesorado. Esta última obra vén de ser contratada por 2,1 M€.

Arias afirmou que a Xunta está a axilizar a tramitación administrativa para iniciar as obras o antes posible e destacou que, de feito, a rehabilitación do IES Ollos Grandes e a creación da central de distribución de enerxía acaban de recibir a aprobación da licencia urbanística por parte da xunta de goberno local do Concello de Lugo, xunto con outros dous proxectos nos que tamén está a traballar o Goberno galego coa finalidade de dotar de iluminación ornamental as fachadas dos IES Ollos Grandes e Lucus Augusti.

Elena Candia continua visitando os diferentes centros educativos da cidade para falar cos seus equipos directivos e ven de estar no Instituto dos Ollos Grandes. Para Candia: “formar e potenciar o talento e apoiar aos equipos docentes é unha prioridade do meu proxecto de cidade”

A candidata do PP destacou que “un dos desafíos da Educación é ofrecer ao alumnado e ao profesorado as mellores instalacións posibles para formar ás futuras xeracións” e no caso dos Ollos Grandes comprobou en primeira persoa “as necesidades para mellorar o confort do edificio que se solucionarán ao longo do  vindeiro ano”


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17981386184692