Vázquez Taín falará en Lugo sobre a liberdade de expresión nas redes sociais
O maxistrado do Penal da Coruña, José Antonio Vázquez Taín, ofrecerá o vindeiro xoves 30 de xuño en Lugo unha conferencia en torno á problemática xerada polas redes sociais en relación coa liberdade de expresión.
Así, Vázquez Taín estará na sede de Afundación, a partir das 19.30 horas co relatorio Redes sociais: entre a liberdade de expresión e o delito. A entrada é gratuíta ata completar aforo.
Esta conferencia está organizada polo Partido Popular da provincia, dentro do seu programa #EspazoAbertoPopular. Neste caso, os populares traen a Lugo ao maxistrado “aportar información sobre o impacto, tanto positivo como negativo, das redes sociais, na sociedade en xeral; así coma o abuso e uso incorrecto das novas tecnoloxías que pode levar asociado un novo paradigma onde o límite entre a liberdade de expresión e o delito se volve cada vez máis difuso”.
Esta nova conferencia súmase ás distintas actividades do #EspazoAbertoPopular que estudan, analizan ou reflexionan sobre distintos ámbitos de interese.