Veciños da Milagrosa piden máis seguridade na reunión co PP

LugoXa
O Partido Popular mantivo unha reunión coa veciñanza da Milagrosa no que a seguridade foi o principal tema a tratar.
reunion pp milagrosa
21 Oct 2023

O Partido Popular mantivo unha reunión coa veciñanza da Milagrosa no que a seguridade foi o principal tema a tratar.

Segundo indican os populares, os residentes no barrio da Milagrosa ademais de explicar que “a prevención é a mellor política para aplicar no eido da seguridade” tamén incidiron en que neste barrio onde hai un parque inmobiliario moi deteriorado “é necesaria a rehabilitación dos edificios e espazos públicos así como o impulso dun plan de dinamización para o comercio de proximidade”.

Os populares aproveitaron a xuntanza para presentar unha iniciativa que defenderán no Pleno da vindeira semana na que se propón deseñar plans específicos de seguridade en diferentes zonas da cidade.

Outra petición que se enmarca dentro dos dispositivos de seguridade en barrios sería a da instalación de cámaras de videovixilancia en zonas sensibles do municipio como podería ser algunha localización do barrio da Milagrosa co ánimo de mellorar a seguridade e evitar atentados contra o patrimonio.

0.10923004150391