Veciños da Milagrosa reclaman un maior control no horario de establecementos

LugoXa
A Asociación Distrito da Milagrosa celebrou o pasado martes unha xuntanza onde se trataron diferentes temas de interese para o barrio.
14 Maio 2021

A Asociación de Veciños, Comerciantes, e Industriais Distrito da Milagrosa celebraron o pasado martes, 11 de maio, unha xuntanza con representantes e colaboradores da mesma (a primeira trala Asemblea Xeral onde quedou designada a  nova Xunta Directiva) onde se trataron diferentes temas de interese para dito barrio da capital lucense e onde tamén estivo presente a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, así como o Concelleiro de Cohesión Territorial do Concello de Lugo, Miguel Fernández. Dita xuntanza levouse a cabo respectando escrupulosamente tódalas medidas establecidas polas autoridades sanitarias con motivo da pandemia pola covid19.

No transcurso da mesma, o presidente da asociación, Jesús Vázquez, agradeceu a dedicación, colaboración e compromiso de tódolos colaboradores en cada unha das iniciativas levadas a cabo ata o momento presente, e avanzou tamén as que se contempla realizar, sempre que a evolución da pandemia pola covid19 o permita, ó  longo dos vindeiros meses.

A xuntanza tivo dúas etapas, marcada a primeira delas polo carácter "reivindicativo" que acompaña á Asociación de Veciños, Comerciantes, e Industriais Distrito da Milagrosa no que se refire á procura das melloras necesarias por parte da Administración.

Nesta etapa, Jesús Vázquez fixo fincapé na necesidade urxente para os veciños do barrio lucense da Milagrosa de dispór desde a Administración Local dun  A.R.I. (Área de Rehabilitación Integral) ou A.R.R.U. (Área de Rehabilitación Urbana). Este feito é importante para a rehabilitación da zona vella, ademáis de para a concesión de inmobles.

Outro tema a destacar por parte de Jesús Vázquez foi o reclamo de maior control sobre dos horarios dos establecementos que, nalgúns  casos, están a incumplirse e ocasionar problemas de orde público no barrio da Milagrosa.

Posteriormente, o Presidente e a Alcaldesa analizaron tamén a funcionalidade dos servizos e as melloras necesarias no referente a xardíns, recollida de lixo, e o fomento das xa existentes campañas de concienciación medioambiental, como a  recollida separativa de residuos de cara á súa reciclaxe.

No capítulo medioambiental Miguel Fernández tivo unha mención especial a recuperación, necesaria, do  cauce do río Rato.

Na segunda etapa da xuntanza, Jesús Vázquez anunciou a organización dos vindeiros actos que se levarán a cabo, sempre que a evolución da pandemia pola covid19 sexa favorable e o permita.

0.19956803321838