Veciños de Baleira recibirán os terreos da concentración parcelaria

LugoXa
A Xunta entregará dos títulos de propiedade dos terreos resultantes da concentración parcelaria da parroquia da Braña, Baleira
Baleira concentracion
29 Maio 2022

A Xunta entregará, o vindeiro 1 de xuño, os títulos de propiedade aos titulares das parcelas da concentración da parroquia da Braña, en Baleira.

O acto de entrega faráse en tres quendas, entre as 10.00 e as 13.00 horas. Os titulares cuxo primeiro apelido comece cunha letra entre a A e a D, deberán recoller os títulos de propiedade ás 10.00 horas; entre a D e a G, recolleranos ás 11.00 horas; e, por último, os apelidados da H en diante deberán ir ás 12.00 horas.

A entrega será no Centro sociocultural de Baleira, e os interesados deberán presentar o seu DNI. De ser herdeiros, levarán unha acreditación da adquisición mortis causa a través da documentación suficiente, segundo o caso.

0.21030306816101